Servizos

servicios

Pontevedra Film Commission faise cargo dos permisos de rodaxe, facilita a busca de localizacións e servizos, e asesórao para a súa rodaxe en Pontevedra.

Axudas á rodaxe

Pontevedra Film Commission, no exercicio das súas competencias e consciente da importancia de establecer medidas de estímulo á creación, ten como obxectivo promover a xeración de novas propostas narrativas de especial valor cinematográfico co propósito de contribuír ao enriquecemento cultural  de Pontevedra das distintas formas de expresión audiovisual.
Os traballos serán valorados con criterios obxectivos entre os que salientan:

  • Rodaxe en versión orixinal galega, entendendo como tal a rodaxe/gravación en lingua galega, co obxectivo de impulsar a nosa lingua.
  • Rodaxe/gravación na nosa cidade valorando neste caso o número de secuencias en exteriores da cidade de Pontevedra.

servizos

  •     Tramitación e axilización dos permisos de rodaxe.
  •     Información actualizada de profesionais e empresas de produción e servizos.
  •     Servizo de axuda para a busca de localizacións.
  •     Información sobre medios loxísticos.
  •     Asistencia de apoio ao produtor durante o tempo que dure a rodaxe.
  •     Axuda a promoción e soporte cos medios de comunicación con roldas de prensa no o inicio da rodaxe e colaboración, e posteriormente rolda de prensa para a presentación de data da estrea, encargándose Pontevedra Film Commission de citar aos medios.

compromisos

  •     A estrea realizarase nun local designado por Pontevedra Film Commission non podendo realizarse antes en ningún outro lugar.
  •     Presencia de persoas representativas da rodaxe nas Roldas de prensa.
  •     Para levara cabo calquera rodaxe é preciso contar cun seguro de responsabilidade civil que cubra todos os riscos da produción. Con este seguro cóbrense todos os danos que se poidan causar durante a rodaxe, xa sexan sobre os participantes na mesma, sobre terceiros, mobiliario ou patrimonio. Debe estar vixente dende o inicio ata o fin da rodaxe e é aconsellable que continúe durante a posprodución. A maioría das administracións esixen un seguro para o outorgamento dos permisos de rodaxe.
  •     Á finalización da rodaxe e posprodución débese entregar a Pontevedra Film Commission un DVD o soporte dixital que conteña: Tráiler, e Making of (onde indiquen o motivo polo que se roda en Pontevedra e porque coa Film Commission) con localizacións da cidade.
  •     Todas as producións que recibisen a colaboración da oficina de Pontevedra Film Commission deberán facer constar nos títulos de crédito o nome de Pontevedra Film Commission, Concello de Pontevedra.

Ver Pontevedra en Meteogalicia:

e-max.it: your social media marketing partner

Solicitude de Petición de Servizos

Por favor cumprimente todos os campos do formulario que ven de seguido. Os campos sinalados con * son obrigatorios

Datos do solicitante

Por favor introduza o nome comercial ou razón social.
Por favor introduza a dirección.
Por favor introduza o NIF / CIF.
Por favor introduza unha dirección de correo electrónico correcta.
Por favor introduza o nome do representante.
Por favor introduza o cargo do representante.

Datos da Produción

Please tell us how big is your company.
Please type your full name.
Please type your full name.
Please type your full name.
Entrada no válida
Entrada no válida
Entrada no válida

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.