Quén Somos
Pontevedra Film Commission é un departamento da Concellería de Promoción Económica de Pontevedra. O seu obxectivo é facilitar aos profesionais do sector audiovisual as gravacións dentro do termo municipal e arredores.
Estamos aquí para axudarche. Queremos ser un nexo de unión para que atopes na nosa cidade as localizacións máis axeitadas para as túas producións audiovisuais. Somos unha oficina pública, sen ánimo de lucro e co único fin de promover as rodaxes. Pídenos axuda!
Dende a oficina sita na Praza da Verdura ofrécese asesoramento e actúase como intermediarios entre as produtoras e as administracións para axudar a tramitar permisos, preparar rodaxes, ofrecer servizos e, en definitiva, simplificar aos profesionais o seu traballo no noso concello. Estaremos á túa disposición durante toda a rodaxe para solventar as cuestións relacionadas co noso traballo.