"Castelao. Do chumbo á verba" estrease este sábado 20 de maio no Pazo da Cultura ás 20 horas. Na presentación esta prevista a actuación da fadista María do Ceo, responsable con Armando González, da banda sonora. O seu cast inclúe a Miguel Pernas, Uxía Blanco, Yolanda Vázquez, Silvia Romaus e Iago Nóvoa, un mozo descuberto polo ao director durante o casting.
A proposta musical da edición das vodas de prata de festival, incorpora á súa programación a Notametraxes 2017, unha singular iniciativa que relaciona cinema e música de jazz en vivo. Notametraxes, que será un ciclo previo ao festival, incorpora algunhas das películas de referencia para dar a coñecer algúns dos aspectos máis destacables da interacción establecida entre a sétima arte e o jazz ao longo do século pasado.
As proxeccións realizaranse Teatro Principal ás 20.00 horas e terán lugar todos os mércores entre o 24 de maio e o 14 de xuño. Notametraxes inclúe a proxección de tres longametraxes: Ascensor para o cadalso, de Louis Malle, The Soul of a Man, de Wim Wenders, e Ao redor da medianoite, de Bertrand Tavernier. Estas tres sesións cinematográficas terminarán con música en vivo a cargo do Seminario Permanente de Jazz (SPJ), que ademais musicará dúas películas en vivo.
O filme do director pontevedrés Miguel López, que será estreado o 20 de maio, esta a ultimar a sua postpro de son e etalonaxe da man de Mandeo Records.
Pontevedra Film Commission presentou en ”Encontros de Novos Cinemas” a directores, produtores e distribuidoras a nova web e tamén os procedementos para pedir permisos para as rodaxes.
A edición 01 de Novos Cinemas complementará a súa programación cun seminario impartido polo reputado cineasta catalán José Luis Guerin. Nel, o realizador fará un repaso á historia do cinema centrado no concepto de “novos cinemas” que abranguerá desde movementos como a Nouvelle Vague ou o New American Cinema ata autores e autoras que comezaron a súa carreira a unha idade temprá, como Dziga Vertov ou Chantal Akerman.
Guerin tamén estará presente no festival para realizar unha retrospectiva das súas obras, que empezará con “La academia de las musas”, a súa última película, como proxección inaugural da Edición 01. A retrospectiva incluirá outros dous dos seus filmes, así como unha sesión especial na que o cineasta comentará pezas dos artistas que máis o influíron.
O seminario estará composto por tres masterclasses que sumarán un total de 15 horas e terán lugar do 29 de xuño ao 3 de xullo. A ficha de inscrición está dispoñible en: https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/
Fariña, a adaptación do best-seller escrito por Nacho Carretero que mostra a historia do tráfico de droga en Galicia, gravarase a partir do próximo mes de xuño en Vilanova de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, O Grove e Pontevedra, entre outras localidades, e ten a intención de converterse nun dos éxitos de Antena 3.
Unha web serie ("La última piedra") o 30 de marzo, unha curta ("Desde Dentro") o 26 de abril, e e a estrea da longametraxe sobre Castelao o 20 de maio, poñen de manifesto a vitalidade da Pontevedra Film Commission
O director do Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal, Ghaleb Jaber Martínez, o patrón da Fundación Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ignacio Varela, e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, presentaron o mércores 13 de xullo 'Amal en Ruta', unha escolma do festival de cine que chegará ao Teatro Principal entre o 7 e o 11 de setembro.
Onte martes día 21 de xuño puxeronse a venda os abonos e as entradas individuais para asistir aos filmes que serán proxectados no festival pontevedrés de cine. As entradas por sesión ou actividade teñen un custo de 2 euros cada unha, e o prezo do abono é de 12 euros e engloba a asistencia ás nove películas que compoñen a Sección Oficial a concurso, tres das proxeccións correspondentes a 'Retrospectiva' de Guerin, e ás actividades de 'Por primeira ou última vez'.
O Cineclube Pontevedra despide esta tempada con Transeúntes(Luis Aller, 2015), unha sesión en colaboración con Novos Cinemas que nos a vida de centos de seres humanos e nos permite observalos coma se abrísemos unha gran fiestra á cidade de Barcelona, que amostra un mapa de vidas cruzadas.
Casa da Luz, Praza da Verdura s/n Pontevedra 36002 Spain Tel: +34 986 100 185 ext 7465 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.