Prazas

  • 01 praza-da-estrela
  • 02 praza-da-lena
  • 03 praza-da-verdura

Se por algo é ben recoñecida Pontevedra é polas súas acolledoras prazas. Elas son punto de encontro para veciños e tamén lugar obrigado de visita para os turistas. Grandes e pequenas, con máis ou menos aglomeración, pero todas elas co seu encanto e os seus puntos de interese.

Parques e Xardíns

  • 01 alameda-vicenti
  • 02 marescot
  • 03 sendeiro-gafos

Os parques e os xardíns son as zonas verdes do centro da cidade e conforman puntos de aire fresco nos que nenos e maiores gozan do seu tempo libre. Neles podemos atopar árbores e arbustos de diferentes especies que fan deles espazos únicos de cor nas diferentes estacións dos ano.

Espazos Urbanos

  • 01-galerias
  • 02-urbana
  • 04-nueva-edifi

A cidade de Pontevedra conta con amplos espazos urbanos para uso e goce da cidadanía. A aplicación do modelo urbano fai que se estea a acadar unha cidade para as persoas, cada vez máis libre de vehículos, o que permite contar con grandes espazos nos que nenos e maiores poden gozar e divertirse. De feito, o modelo de cidade foi recoñecido a través do galardón internacional ‘Onu Habitat’, un prestixioso premio que recoñece a contribución do modelo urbano da cidade para mellorar a calidade de vida.

Instalacións deportivas

  • 01 estadio-de-pasaron
  • 02 piscina-municipal
  • 03 centro-tecnificacion-deportiva

Se buscas unha cidade galega que aposta polo deporte, esa é Pontevedra. Os acontecementos deportivos son un dos puntos fortes da cidade e cada ano acolle nas súas rúas diversos campionatos a nivel nacional e internacional.

Ler máis

Cemiterios

  • 01 cementerio-san amaro
  • 02 cementerio-san amaro-01
  • 03 cementerio-campao

O Concello de Pontevedra ten ao seu cargo cinco cemiterios municipais: Campañó, Bora, Ponte Sampaio, Lourizán e San Amaro. Os catro primeiros son camposantos situados nas parroquias do rural, e o de San Amaro está situado na zona leste da cidade. É, sen dúbida, o máis grande de todo o municipio. Ademais dos cemiterios propiamente municipais, o concello de Pontevedra conta con camposantos de carácter parroquial que non son competencia directa da administración local.

Paisaxes e natureza

  • 01 paisaje-playa
  • 02 paisaje-rio-lerez
  • 03 paisajes-illa-do-santo

As paisaxes que se poden contemplar dende diferentes espazos do concello de Pontevedra teñen moito encanto. O municipio conta con miradoiros dende os que contemplar as rías de Pontevedra e Vigo, vales, serras e montañas. Pero ademais ten espazos únicos como os leitos fluviais ou os espazos naturais a carón da cidade como a Illa do Covo e a Xunqueira de Alba.

Arquitectura e patrimonio

  • 01 santa-maria
  • 02 casa-do-baron
  • 03 ponte-dos-tirantes

Pontevedra conta cunha arquitectura e patrimonio únicos. Tanto no casco urbano como nas parroquias do concello podemos presumir de inmobles únicos e con tanta historia que poderían protagonizar por si sós unha produción audiovisual.
Pazos, igrexas, ruínas, casas vilegas, capelas... conforman unha rede arquitectónica entre a que destacan bens tan recoñecidos como a Casa do Concello, a Igrexa e o Convento de San Francisco, a Basílica de Santa María, o Pazo de Gandarón (sede da Misión Biolóxica), o Pazo de Lourizán, o Parador Casa do Barón, os edificios do Museo de Pontevedra....

Ler máis

Mercados

  • 01 mercado
  • 02 mercado
  • 03 mercado

O Mercado de Abastos de Pontevedra conta cun encanto especial. Foi reformado en 2003 polo arquitecto César Portela, pero mantivéronse as antigas fachadas e as escalinatas interiores de cantería. A parte baixa está adicada á venda de peixe, marisco, carne e flores. Na parte superior véndense froitas, verduras, carnes e queixos.

Espazos industriáis

  • 01 granxa
  • 02 aludec
  • 03 campino

Se o que precisas é rodar nun espazo industrial, o concello de Pontevedra tamén che ofrece esa posibilidade. Instalacións portuarias en Praceres, Polígono Industrial de O Campiño en Marcón, Polígono de O Vao, Complexo Industrial da Cross, Complexo Ence-Elnosa ou a antiga fábrica de louza da Pontesa en Ponte Sampaio, entre outros.

Eventos

  • 01 entroido
  • 02 feira-franca

Entroido

O entroido de Pontevedra é unha data das máis esperadas polos veciños da cidade. Supón unha semana de festa durante a cal a vergoña queda na casa e as rúas se enchen de diversión e bo humor. Ademais do desfile no que participan numerosas comparsas e grupos, o Entroido tamén inclúe un concurso de Murgas con máis de 20 anos de traxectoria, unha Noite Pirata, a Mostra da Parodia e o velorio e incineración do Loro Ravachol, a figura emblemática do Entroido pontevedrés.

Ler máis

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.