Rodado en Pontevedra
Dende José Gilrodase en 1916 unha das primeiras películas do cine galego, "Miss Leyda", coa presenza no reparto de Castelao, ata os nosos días son numerosas as peliculas, curtas e series de televisión que utilizaron Pontevedra como estudio.
Audiovisuais apoiados pola Pontevedra Film Commission
Dende o seu nacemento, Pontevedra Film Commission ten comprometida a súa ayuda a mais dunha ducia de audiovisuais entre os que destaca a longametraxe "Castelao, de chumbo a verba", as web series "Clases de lo social", ou "El origen del problema", curtas como "Dalle Jás" ou "Lurna", reportaxes como os realizados polo grupo C3, spots publicitarios, e videoclips.
ver todas as curtas, spots e web series
outros filmes rodados en Pontevedra
Moitas delas tiveron un notable éxito como a serie "Los Gozos y la Sombras", de Rafael Moreno Alba nos oitenta, "La lengua de las mariposas" dirixida por José Luis Cuerda (1999), ou mais recentemente nos 2000, "El Viaje de Carol" de Imanol Uribe (2002), ou "O Lapis do Carpinteiro" (2003) de Antón Reixa.
buscador de rodado en Pontevedra
- Se quere buscar por formato prema en films para as longametraxes, e en curtas, spots e web series para os restantes formatos.
- Se quere buscar polo nome do filme o por actor ou director introduza o mesmo no cadro da dereita