• Inicio
  • Noticias
  • Bases del I concurso de videocreación "Pontevedra..e acción"

Bases del I concurso de videocreación "Pontevedra..e acción"

concurso film

Una de las singularidades del concurso es que el vídeo deberá estar elaborado a partir de las tomas realizadas en la visita guíada a la ciudad que la organización contempla dentro de la programación del congreso.

Las bases contemplan que los vídeos concursantes reflejen el valor de la ciudad  como escenario cinematográfico. El concurso  está abierto a tanto a creadores como a productoras. La inscripción  debe de hacerse de forma presencial durante o Congreso el jueves 23 de abril , en horario de 10h a 14h.

BASES DO CONCURSO VIDEOCREACIÓN DO I CONGRESO AUDIOVISUAL "PONTEVEDRA... E ACCIÓN!"

A Concellería de Turismo de Pontevedra e a Pontevedra Film Comission convocan, no marco do I Congreso Audiovisual "Pontevedra... e acción!", un concurso de videocreación sobre a cidade de Pontevedra que se rexerá polas seguintes bases:

1. Obxecto

O concurso consistirá na realización dun vídeo elaborado a partir do material tomado durante a visita guiada á cidade que terá lugar o xoves 23 de abril ás 16h, dentro da programación do I Congreso Audiovisual "Pontevedra... e acción!".

2. Tema

O traballo presentado ten que promocionar turisticamente Pontevedra así como reflectir o valor da cidade como escenario cinematográfico.

3. Participantes

O concurso está aberto a tódalas productoras e persoas que estean interesadas en participar. A Inscripción farase de forma presencial no Pazo da Cultura de Pontevedra durante o Congreso, concretamente durante as xornadas matinais do xoves 23 de abril , en horario de 10h a 14h. Ó inscribirse entenderase que os participantes aceptan as bases deste concurso.

4. Características

Ademáis de axustarse ós requisitos de que o material ten que ser grabado durante a visita guiada xa mencionada, debe tamén reunir os seguintes requisitos:

• Ten que ser unha obra orixinal e inédita, no caso de que o seu contido infrinxa os dereitos de autor doutras persoas, a organizacón do concurso exímese de responsabilidade.
• No caso de que se inclúan diálogos ou narración de voz deberán ser en galego ou castelán coa posibilidade de que, en caso de ser escollido gañador, se lle poida solicitar incluír subtítulos ou facer versión noutros idiomas, co fin de ser divulgado como elemento promocional da cidade de Pontevedra.
• No caso de incluír banda sonora, esta ten que estar libre de dereitos ou contar coa autorización explícita do detentor dos dereitos para a súa utilización (circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente).
• Os equipos de rodaxe poden estar formados por un máximo de tres persoas.
• A peza presentada debe ter unha duración mínima de 1 min e máxima de 1min 30s.
• Rexeitaranse todas aquelas obras que no seu contido inclúan escenas violentas ou que vulneren os dereitos fundamentais das persoas.
• Os participantes a este concurso ceden á organización os dereitos de explotación dos vídeos presentados, incluídos nestes os dereitos de uso, difusión, distribución e exhibición.

5. Desenvolvemento do concurso

Os participantes comezarán a gravar o material que utilizarán para a creación da súa narración audiovisual durante o transcurso do paseo e visita guiada á cidade de Pontevedra.
Só se poderá utilizar material obtido durante esa visita.
Tras a finalización da visita guiada, os participantes poderán facer uso, se así o precisaran, dunha aula especialmente habilitada na Casa da Luz para facer a montaxe da súa peza .

O límite de tempo para a entrega da videocreación será o venres 24 de abril ás 10.30h no Pazo da Cultura.
Os vídeos, para ser visionados e valorados polo xurado, terán que ser entregados en DVD xunto co título e nome do/s autor/es.
O traballo presentado enténdese que é un esbozo, o xurado valorará a creatividad e o valor promocional aportado á cidade de Pontevedra.
O gañador será seleccionado por un xurado composto por tres membros que serán elexidos pola organización do Congreso Audiovisual "Pontevedra... e acción!"

O gañador do premio, comprométese a rematar a súa obra e a entregala como producto audiovisual finalizado á Concellería de Promocion Económica, Emprego e Turismo de Pontevedra, nun prazo máximo de 21 días, momento no que se acordará e se lle comunicará a fecha de entrega do valor do premio.

5. Premio


Haberá un único premio de 2.000 euros que será otorgado ó autor ou autores da peza seleccionada polo xurado. O valor do premio será entregado ó gañador nunha fecha que se lle comunicará no momento en que éste faga entrega na Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo da obra premiada xa rematada.

O xurado ten liberdade para declarar deserto o premio se así o considera.

O concurso está aberto a tódalas productoras e persoas que estean interesadas en participar. A Inscripción farase de forma presencial no Pazo da Cultura de Pontevedra durante o Congreso, concretamente durante as xornadas matinais do xoves  23 de abril , en horario de 10h a 14h.

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.