• Inicio
  • HONOR DE CABALERÍA | HONOR DE CAVALLERIA (2006) de Albert Serra

Calendario de eventos

HONOR DE CABALERÍA | HONOR DE CAVALLERIA (2006) de Albert Serra

Martes, 21 Marzo 2017, 20:30
honor-de-cavalleria.jpg

Adaptación libre do Quixote. Viaxe paralela (cinematográfica e vital) á dos protagonistas do libro. A identificación destas dúas viaxes, da vida solitaria, anónima e desesperada co mundo épico da cabalería, no caso dos personaxes; e do filme soñado co filme que finalmente se ha poder levar a cabo, no caso da equipa de rodaxe, é o tema principal do filme. Non é, por tanto, a narración dunha aventura, senón a aventura dunha narración. Unha síntese estética e conceptual das influencias máis puras (Lancelot du Lac, O evanxeo segundo san Mateo, Francisco xograr de deus, Ozu, Sokurov...), o cinema renovador e excéntrico dos sesenta (Paradjanov, Godard) e a mitoloxía persoal do seu autor. A poesía, a sinxeleza, a beleza da relación íntima dos personaxes achégana os dous actores (Lluís Carbó e Lluís Serrat), que recuperan a nobre tradición dun tipo de interpretación non psicoloxista. Quixote e mais Sancho cabalgan sen rumbo na procura de aventuras. Polo camiño, discuten sobre temas espirituais, cabaleirescos, prácticos... e afondan na súa amizade.

VOSE Pais: España, Duración: 103 min. Premios Premio Fipresci - Viennale 2006
 Localización 

Teatro Principal (Pontevedra)

Rúa de Paio Gómez Chariño, 6
36002 , Pontevedra (España)

casa da luz

Pontevedra Film Commission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n
Pontevedra 36002 Spain
Tel: +34 986 100 185 ext 7465
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.